7.5.09

O SANTA COMBA C.F XOGARÁ A FINAL DA COPA GALICIA

Grandioso éxito do Santa Comba, que xogará a gran final da 2ª edición da Copa Galicia, logo de vencer, a domicilio ó Montañeros coruñés por 2-4.

O partido disputado no campo de Elviña Grande foi intenso, digno dunha semifinal, cos coruñeses con máis posesión de balón e cos xalleiros magníficamente plantados e armando contragolpes perigosos. Os de Gelucho adiantáronse cun gol de Pablo Baña antes do descanso, que neutralizou pronto o lateral do Montañeros Repi.
Na reanudación, o Santa Comba estirouse máis, e volveu a marcar por medio de Adrián Nieto, onte moito máis acertado que nas últimas xornadas. O ex-deportivista Rubén Rivera neutralizou de novo a ventaxa, pero onte era o día do Santa Comba. Non se veu abaixo fronte a un equipo feito para dar o salto á 2ªB, e creeu que "sí de pode" ( parafraseando a Obama), e foise a polo partido. Adrián Nieto volvía a dar ventaxa, e co Montañeros volcado, Doro, o gran capitán sentenciaba. Ó mesmo tempo que o Barcelona sufría en Londres a potencia dos contraataques do Chelsea; na Coruña, o Santa Comba impartía un curso práctico desa arte no fútbol, con dous estiletes coma Nieto e Doro.
O equipo da capital da Terra do Xallas firma con este triunfo unha traxectoria inmaculada nesta competición, logo de eliminar, ademais do Montañeros, ó Pontevedra e o Lugo, equipos da parte alta do Grupo I de 2ª B.
O Santa Comba xogará a gran final desta Copa Galicia fronte ó Cerceda, que deixou na cuneta ó Ordes por 3-1. Un dos dous sucederá o R.C. Celta que na pasada edición gañara na gran final ó Deportivo na tanda de penaltis. O escenario da final, á data e o horario están aínda por confirmar. Aquí lles manteremos informados.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver se os 18.000 euriños de nada ke cobra o campeon tamen se van nos do A,e se deixa de lado as categorias inferiores,especialmente os xuvenis,ke total...psssss.son un gasto inutil.Quen dixo que podían ser a mellor xeración do Santa Comba?O que hai que facer e pagarlle pastons a xogadores de fora!Que os de aquí non valen nada!Despois ainda por riba van pedindo ir a Compostela Cup.Hai que ter morro!Que vaian eles en coches se queren,cun entrenador sen cobrar un duro,total non teñen decencia pa levar o nome do Santa Comba por ahí.En cambio os mercenarios estes sí.Grande directiva e grande presidente Che,si señor

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Quen dixo que non íades a compostela cup???

Anónimo dijo...

Eu tou esperando a ver o que fai esta xente,porque non me extrañaría nada.Hai dúas semanas o equipo xuvenil non puido ir xogar un partido amistoso porque ``non había cartos para pagar o bus´´.A falta de coches suficientes,non se fui a xogar.Isto é completamente indignante,e é triste que se lle queira meter o marrón ó concello.Se non se queren facer responsables das categorías inferiores que cambien os escudo e o nome que levan nas camisetas.E xa non falemos do B,porque deron pena aínda xogando cunha chea de xogadores do A,e aínda así o mellor xogador nalgún partido ten sido un xuvenil precisamente.A ver esta copa...

Anónimo dijo...

Parece que surgen efecto estes comentarios

¿ QUÉN GAÑARÁ A LIGA ?

BAÚL DOS RECORDOS:


A 3ª DIVISIÓN EN DIRECTO
Esperando Contenido Widget ...
SANTA COMBA C.F.