14.10.09

GRAN EMPATE DOS CADETES DO SANTA COMBA CF. FRONTE O DEPORTIVO

O 1-1 final case se converteu en épico polo acoso dos deportivistas no segundo tempo.

SANTA COMBA: Pablo; Pablito, Alberto Recarey, Josito, César, Dani; Álex, Eloy, Gabri; Marquiños e Oreiro. Tamén xogaron Diego, Steven e Samuel.

GOLES:
1-0, MIN 20: Marquiños recolle un balón en tres cuartos de campo escorado á esquerda, e tras regatear a tódolos rivais que lle van saíndo ó paso, marca de tiro parabólico.
1-1, min. 39: Álvaro resolve con clase un barullo dentro da área local.


CAMPO: Fontenloa, con gran ambiente e case 200 afeccionados nas bancadas.
Gran esforzo dos cadetes de Liga Galega do Santa comba que viron recompensado cun punto o traballo diante do líder invicto da categoría, o Deportivo da Coruña.
Os laranxas comenzaron dominando desde os primeiros segundos do partido. Ós 15 segundo, Marquiños xa inquedaba o portal visitante. O Dépor tiña máis o balón, pero os xalleiros, contraatacaban con velocidade, criterio e perigo. No Dépor, só o ex- do Santa Comba Sergio Pereira inquedaba coas súas arrancadas desde a dereita, aínda que o seu amigo e circunstancial rival Alberto Recarey o sometía a un estreito marcaxe.
O golazo de Marquiños veu a premiar a un equipo que daba a sensación de poder competir durante todo o partido. O mazazo do empate deportivista ó fío do descanso, deixaba as espadas en dodo o alto para a reanudación.
Nesa parte os coruñeses foron superiores en case todo, pero ahí apareceu a figura do partido, o porteiro Pablo. Realizou non menos de 10 paradas de grandísimo nivel, e liderou o seu equipo ata un resultado positivo. O cansancio e o dominio visitante alonxaban ó Santa Comba da área rival. Aída así, Oreiro tivo nas súas botas a ocasión da victoria. Quizais sería inxusto tamén para un Deportivo que se deixou a pel no campo por ganar, pero que se atopou co orgullo de 15 rapaces xalleiros para evitar que se levaran os 3 puntos. Orgullo e a sensacional aportación na chuviosa mañá do sábado dun gran Pablo.


José Manuel Vázquez

1 comentario:

Anónimo dijo...

señor vazquez non estou dacordo cos seus comentarios o empate foi un claro roubo do arbitro.ladrons.
Miguel gemelo titular!!!!
RUPPER

¿ QUÉN GAÑARÁ A LIGA ?

BAÚL DOS RECORDOS:


A 3ª DIVISIÓN EN DIRECTO
Esperando Contenido Widget ...
SANTA COMBA C.F.